Os incendios forestais e a variable de xénero: estereotipos de ida e volta

Cabana Iglesia, A. (2019): “Os incendios forestais e a variable de xénero: estereotipos de ida e volta”, en  VV.AA., Árbores que non arden. As mulleres na prevención de incendios forestais, Vigo, Catroventos Editora, p. 15-28

Nunha panorámica superficial do mundo do lume, a presenza de mulleres resulta aparentemente anecdótica. A súa visibilidade nos distintos escenarios do complexo quebracabezas que supón a problemática dos incendios forestais en Galicia é moi reducida; demasiado… Fagan memoria das noticias sobre a autoría dos lumes, das imaxes do servizo de extinción, dos comités da administración autonómica, ou dos foros de debate sobre os lumes, o ordenamento e a xestión do territorio. É que elas non prenden? Non apagan? Non deciden? Non reflexionan sobre os incendios forestais, as súas causas e consecuencias?