El arte de saber durar… sobre la continuidad de los poderes locales en la Galicia rural entre franquismo y democracia (1973-1979)

Lanero Táboas, D. e Ferrández Pérez, D. (2018): "El arte de saber durar… sobre la continuidad de los poderes locales en la Galicia rural entre franquismo y democracia (1973-1979)", Historia y política, nº 4, p. 331-362

O presente traballo documenta a través dunha metodoloxía prosopográfica mecanismos concretos de utilización patrimonial do poder político mediante os cales unha parte importante das élites socioeconómicas do réxime franquista garantizou a súa continuidade política trala morte do ditador, durante os anos da transición á democracia. A análise céntrase nas provincias galegas de Ourense e Pontevedra, nas que se documentan prácticas específicas ligadas á xestión clientelar do territorio e dos recursos públicos en connivencia con estratexias desenvoltas polo Goberno central destinadas a asegurar unha exitosa expansión institucional das redes da Unión de Centro Democrático (UCD) na periferia estatal.