Histagra

Title

Galicia no contexto global. Un pais periferico

Authors

Galicia no contexto global. Un pais periferico

Villares Paz, R. (coord.) (2018): Galicia no contexto global: Un país periférico), Santiago de Compostela, Universidade de Santiago de Compostela

Download

View

Neste traballo pretendemos afrontar unha crítica das «ideas recibidas» e dos estereotipos que corren sobre a imaxe externa (e interna) de Galicia, tales como o atraso económico e valores a el asociados. Dito con termos máis actuais, que tipo de relato explica a posición de Galicia no mundo. Un segundo obxectivo era analizar os retos e limitacións que podería presentar na sociedade global a posición xeográfica de Galicia e as súas apostas estratéxicas no campo produtivo, nomeadamente nos sectores da agroindustria, do comercio exterior e da innovación tecnolóxica. Un terceiro obxectivo era avaliar as mudanzas recentes e como inserir o perfil económico e cultural de Galicia nun mundo cambiante e, ao propio tempo, nun contorno europeo no que se está a sentir unha profunda crise económica. E, finalmente, o desenvolvemento da sesión debería permitir individualizar algunhas fortalezas e debilidades, así como fixar algúns desafíos futuros. Máis que de prognósticos, propoñíase unha diagnose realista e integrada da situación presente que permitise tirar algunhas conclusións que puidesen ser de utilidade cara ao futuro. (Limiar)