Histagra

Title

Bartolomé Calderón e a Galicia que nunca existíu

Authors

Bartolomé Calderón e a Galicia que nunca existíu

Cabo Villaverde, M. (2019): "Bartolomé Calderón e a Galicia que nunca existíu", en Cuadernos de Estudios Gallegos, nº 132, p. 343-372

Download

View

Bartolomé Calderón (1861-1931) foi un moi influínte xornalista galego especializado en cuestións económicas, en especial agrarias. Cría que Galicia estaba chamada a seguir unha vía de desenvolvemento semellante á de Dinamarca, sobre os piares da especialización láctea e o cooperativismo e centrada nas exportacións ós mercados europeos. Mantiña posicións moi críticas cara ó Estado español debido ó seu centralismo e proteccionismo deseñados para protexer os intereses dos produtores de cereal das rexións centrais e meridionais, chocando daquela co desenvolvemento que el promovía para os sistema agrario galego. As ideas de Calderón foron moi populares entre os líderes agraristas e os galeguistas durante as dúas primeiras décadas do século XX pero a súa influencia decaeu posteriormente e caeu no esquecemento despois da súa morte en Francia, onde residía dende había máis de corenta anos, en 1931.