
Miguel Cabo Villaverde
Lecturer
miguel.cabo@usc.es
Tf. + 34 981563100 ext. 12579
Miguel Cabo Villaverde (Santiago de Compostela, 1970) é Doutor de Historia da Universidade de Santiago de Compostela, coa tese A integración política do pequeno campesiñado: o caso galego no marco europeo, 1890-1939, dirixida polo Profesor Lourenzo Fernández Prieto (1999).
As súas liñas de investigación son: historia agraria e historia social, con estudos sobre a acción colectiva, o asociacionismo e a politización no ámbito rural ou a prensa agraria.
Entre as súas publicacións máis destacadas: xunto a MOLINA APARICIO, F. (2009): “The Long and Winding Road of Nationalization: Eugen Weber´s Peasants into Frenchmen in Modern European History (1976-2006)”, European History Quarterly, 39:2, pp.264-286;(2010): “Between omnipresence and invisibily: the question of Spanish nationalism”, European History Quarterly, 40(3), pp.493-499; xunto a MOLINA APARICIO, F. (2010): “Weber si é fermato in Spagna", Contemporanea XIII/4, pp.733-739; xunto a MIGUEZ MACHO, A. (2010): “Reconquistar Galicia para Cristo. Un balance del catolicismo social en Galicia (1890-1936)", Ayer nº 79, pp.223-245; xunto a PAN-MONTOJO, J. e FERNÁNDEZ PRIETO, L. (2010): “Fascism and Modernity in the European Countryside: a reconsideration”, no Congreso Rural History 2010, Brighton; xunto a VEIGA ALONSO, X.R. (2011): “La politización del campesinado en la época de la Restauración. Una perspectiva europea”, en ORTEGA LÓPEZ, M. T. e COBO ROMERO, F. (eds.), La España rural, siglos XIX y XX. Aspectos políticos, sociales y culturales, Granada, Editorial Comares, pp.21-58, xunto a Ana Cabana (Coord.)(2013): "James C. Scott y los dominados", Historia Social, nº77.