Histagra

A Universidade de Minho concede o seu grao de doutor honoris causa ao catedrático Ramón Villares

A Universidade de Minho concede o seu grao de doutor honoris causa ao catedrático Ramón Villares

A Universidade de Minho concedeulle o seu grao de doutor honoris causa ao catedrático de Historia Contemporánea Ramón Villares Paz, distinción académica que a institución portuguesa outorga a “personalidades de mérito eminente, que se destaquen nos dominios da ciencia, da educación e da cultura, posuidores dun currículo de gran proxección internacional”. O outorgamento desta distinción foi acordada por unanimidade dos membros da comisión científica do Senado Académico da Universidade portuguesa, neste caso, a proposta do seu Instituto de Ciencias Sociais.
 
Ramón Villares é catedrático de Historia Contemporánea da USC dende 1987 e experto en historia agraria, historiografía e historia xeral de Galicia. Reitor da Universidade de Santiago entre 1990 e 1994, actualmente é o presidente do Consello da Cultura Galega dende 2006. Con anterioridade foi decano da Facultade de Xeografía e Historia (1986-1990) e membro fundador e presidente da Asociación Española de Historia Contemporánea, así como director en Galicia da (UIMP) e consultor externo de centros de investigación de renome internacional.

Máis información aquí