Histagra

Dispoñible no portal dixital de libros da USC o traballo 'Historia, cultura, violencia: Actas do X Curso de Primavera'

Dispoñible no portal dixital de libros da USC o traballo 'Historia, cultura, violencia: Actas do X Curso de Primavera'

Atópase dispoñible a través do portal dixital de libros da USC o traballo Historia, cultura, violencia: Actas do X Curso de Primavera coordinado pola investigadora de HISTAGRA Ana Cabana Iglesia e no que participan os membros do Grupo HISTAGRA Xosé Ramón Veiga e Antonio Míguez Macho. Para proceder a súa visualización e/ou descarga gratuíta: http://www.usc.es/libros/index.php/spic/catalog/book/737.

O libro é o resultado do Curso de Primavera desenvolvido na Facultade de Humanidades de Lugo durante o mes de abril de 2014 sobre o tema da violencia na historia e a cultura. Reúne 17 contribucións das cales 16 foron presentadas durante as sesións do curso e outra foi elaborada especificamente para a publicación.

Historia, cultura, violencia: Actas do X Curso de Primavera conta coa coordinación de Ana Cabana Iglesia e Fernando Suárez Golán e os traballos de Antonio Miguez Macho: "Os conceptos que cambian o mundo. Raphael Lemkin e o xenocidio 70 anos despois", e Xosé Ramón Veiga Alonso: "Violencia política na Galiza da primeira metade do século XIX".