Histagra

Reforma tributaria y fiscalidad sobre agricultura y la propiedad de la tierra en la España liberal, 1845 - 1900

Duration:

Autor: Rafael Vallejo Pousada
Director: Ramón Villares Paz
Año: 1998  

 

RESUMO

«Nesta tese doutoral estúdase o sistema fiscal español e o principal dos seus impostos, a contribución territorial, enmarcándoos dentro das fases históricas de evolución dos sistemas fiscais contemporáneos, que no período analizado (1845-1900) comprenden en España a implantación da Facenda pública liberal tradicional e o inicio da denominada Facenda transicional. Explícase a reforma tributaria de Mon-Santillán e o sistema tributario vixente ata 1900, atendendo ás dificultades para a súa reforma, a pesar da súa insuficiencia, indagando nas forzas e tensións
que determinaron a repartición da carga fiscal e os efectos reais da imposición. Respecto á contribución territorial, estúdase a súa natureza e a súa incidencia sobre a agricultura e a propiedade, tanto dende un punto de vista microeconómico como microeconómico. Tense en conta a práctica fiscal e o método de determinación da riqueza dispoñible, polo que se analiza a evolución da estatística administrativa (os catastros) e as vicisitudes da estatística catastral».