Histagra

El patrimonio de la Casa de Alba en Galicia, siglos XVII - XX

Duration:

Autora: María Jesús Baz Vicente
Director: Ramón Villares Paz
Ano: 1994   
 
RESUMO
 
«Nesta tese faise un seguimento nos avatares da propiedade foral da alta nobreza galega baixo o réxime liberal co obxecto de afondar nos factores que fixeron posible a súa persistencia ata o século XX. A superación con éxito da lexislación abolicionista do señorío a pesar da orixe señorial destes levounos, no que é a primeira parte, a facer un seguimento da formación destes dominios na baixa idade media, e en especial, da súa definitiva configuración xurídica no antigo réxime a raíz dos "reaxustes" provocados pola instalación da monarquía absoluta.
Pola súa banda, a redución na praxe destes dereitos de propiedade foral á percepción dunha renda con motivo da r.p. de 1763 e da institucionalización da propiedade dividida baixo o réxime liberal, así como a ineficacia tradicionalmente atribuída ao foro como instrumento de detracción do produto agrario, deron pé ao estudo. Xa na segunda parte, da actitude da Casa de Alba cara á propiedade foral, dos factores que a levaron a manter esta a pesar da reordenación que se impoñía en conxuntos tan dispersos como o seu, e por último das circunstancias que finalmente fixeron posible e aconsellaron a súa liquidación no século XIX».